Hringhorni

Hringhorni ("Anel-Barco")[1] era o nome do barco do deus Baldr na mitoloxía nórdica, o máis grande endexamais construído. En Gylfaginning relátase que el, a súa esposa Nanna e o anano Litr, foron queimados dentro do barco logo de que Baldr fose asasinado por Höðr a través dos enganos de Loki.[2]

Os Æsir tomaron o corpo de Baldr e levárono onda o mar. Hringhorni é o nome do barco de Baldr: era o máis grande de todos os barcos; os deuses botaríano á auga e feito a pira de Baldr alí, mais o barco non se movía. Entón as palabras chegaron a Jötunheim até a xiganta chamada Hyrrokkin.

Logo Hyrrokkin foi á proa do barco e empurrouno, de modo que as lapas estouraron dende os roletes e toda a terra tremeu.

Entón o corpo de Baldr ardeu no barco; e cando a súa esposa, Nanna a filla de Nepr, viu iso, deseguida o seu corazón rompeu de pena, e morreu; foi levada á pira, e o lume foi reavivado. Logo Thor parouse e santificou a pira con Mjolnir; e diante dos seus pés correu un anano chamado Litr; Thor pateouno e caeu no lume e ardeu.
Gylfaginning, capítulo 49. Edda prosaica.[2]
  1. Lindow, John (2001). Norse Mythology: A Guide to the Gods, Heroes, Rituals, and Beliefs. Oxford University Press. p. 183. ISBN 0-19-515382-0. 
  2. 2,0 2,1 Snorri Sturluson. trad. Arthur Gilchrist Brodeur (1916), ed. "Gylfaginning, capítulo 49". Edda prosaica (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2008. Consultado o 17 de xaneiro de 2010. 

Developed by StudentB